Estivemos 10 días co IMSERSO nun apartamento, que ten unha sala con cociña e unha habitación pegada a un baño dobre, co armario. Vista á marisma, dá o sol pola tarde nunha axeitada terraza con tendal para a roupa. Ten unha boa piscina, que cobre pouco, cun pequeno solarium. Tamén ten saída ao paseo marítimo, a 3 minutos dunha magnífica praia de máis de 4 kms. O comedor é un pequeno para moita xente, pero repoñen seguido. No almorzo non había ovos fritidos nin a grella, sempre había churros, bolos e un café de pota moi bo. Na comida e na cea variedade de carne, peixe, guisos, verduras, ensaladas, arroz ou fideuá. Boa calidade e variedade nas comidas. A animación entretida. Todo o persoal moi emoatico
Translate